E sempre máis

Bágoas.

Túas, miñas, súas…

reptando pola pel,

creando vapor que me rouba calor

me fai encollerme pouco a pouco,

aniñándome,

entre centos de persoas que,

camiñando sen parar,

serpean por unha autopista chea de buracos.
Bágoas.

Que me producen esta presión no peito.

Corazón fero cabalgando,

desbocado

pola miña pel arrabechame por dentro.
Bágoas,

feras  e insolentes

mofándose dos meus recordos

nubrados e escuros na mente.
Bágoas

incesantes corredoras,

nadadoras da miña pel

musas de arritmias constantes

e atronadoras taquicardias.
Bágoas,

laten con fervor, a cada movemento

das pestanas.

Unha a unha caen, desfacendo a miña imaxe

creando un novo ser

nacente da carraxe.

Despincelando a miña face,

deixando só carne,

clara e norteña,

fría e sinceira.

Que garda un segredo,

inimaxinable por calquera

que non sepa mais ca ver,

o que se asoma pola súa fiestra.
Bágoas,

salgadas como peixe,

picudas como espiñas,

rañan os meus pensamentos,

crávanse no cerebro.
Fondos buracos sangrantes,

rebosan de….

finas,

simples,

vagas,

suaves

e incomprendidas,

bágoas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s