Taquicardias e copias

Nun mundo cheo de taquicardias,
busco o meu silencio.
A paz e o nirvana.
Que a miña alma,
non esta para alterarse.
Preciso algo de calma,
que pode que a vida sexa curta,
pero os días ás veces fanse longos.
E eu quero pasalos,
sen présas.

Non aturar queixas nin agobios,
Faltas de aire,
centos de berros.
Que o mundo de tan grande,
é ben pequeno.
E ao final, temos que aturar
a xente máis perigosa co veleno.

Amizades tóxicas,
relacións atómicas.
Pero que ben estaba unha
no seu mundo de fantasía.
Que preguiza ter que mentir,
usar a hipocresía.
Porque ao mundo faille dano
que sexa natural,
que diga verdades, sen tapuxos.

Ai!
Tanta historia co futuro,
tanta pescuda de ser algo.
E con tanta pescuda,
non somos nada.
Nada máis ca farrapos,
ca títeres dos medios.
Ca copias duns e outros,
vestindo o mesmo.

Facendo o mesmo.

Pensando o mesmo.

Sentindo o mesmo.

Sendo…o mesmo?

Deus me libre!

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s