Socorro

el

Parece que lle gritan a viva voz ó mundo que morra xa,
Cobardes e inxustos pecadores que o afogan entre as súas caladas de enfermidade. Os que axudan no son humanos, porque o termo humano parece ser símbolo de destrución e tormento. Os que axudan son os animais que vagan cunha bandeira branca esixindo piedade, indefensos. Son maltratados e asasinados sin poder facer máis que mirar atrás mentres desaparecen. E desvanécense vendo a súa casa, vendo a súa terra, hábitat…vendo enterrada en cinzas a súa vida enteira.
A liberdade está tan vendida que á estatua da xustiza se lle cae a balanza en cada espertar e o pano dos seus ollos está tintado de sange ao ver como os gritos de desesperación e pena non valen máis ca risas e calificativos de “histéricos”. Mentras o mundo morre, outros gardan papeis de cores con números, que ó fin e ó cabo non valerán de nada no momento final.
Pensemos que a natureza se rebotará e nos fará pagar todo este dano, porque os tifóns, tsunamis, erupcións e fenómenos son máis fortes ca centos de traxes que teñen mans sensibles a coller una pá coma bolígrafo e loitar pola vida que a cada segundo se infecta máis profundo ata que chegue o último alento.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s