Deica logo pais!

image

Abrir a porta e deixar todo o vivido atrás non debe ser unha tarea fácil, incluso desexándoo. Menos fácil é cando a marcha te leva a cambiar por completo a túa vida e se fai irreversible.

Cambiar a costume de vivir nun lugar onde se fixo toda a túa vida infantil acarrea deixar apartada unha etapa e crecer, dando paso a outra nova, sen saber se vas a chegar a ver de novo a moita xente do teu arredor. E sen saber se a xente nova que aparecera na túa vida será quen de facerte feliz.

Certo é que non deixamos atrás todo, xa que os nosos seres queridos non desaparecen. Momentáneamente si o farán de maneira física, pero nunca sairán da nosa memoria e ficaran na nosa mente e alma todos os recordos do vivido con eles. Non sempre é un adeus, senón un ata logo e quizáis ata máis tarde.
Non podemos refuxiarnos toda a vida entre unhas ás protectoras que sen querer non nos deixen desenvolver as nosas propias ás para sermos capaces de ser nós mesmos. E voar.

Só deixando atrás o que consideramos noso, seremos capaces de conformar a nosa vida e facernos quén de decidir o noso destino. Sexan cales sexan as futuras consecuencias, debemos tomar as rendas da nosa vida. E deberíamos ter a oportunidade de facelo e contar co apoio dos nosos pais e familia. Xa que, queiran ou non, cando nos teñen deben saber que nalgún momento partiremos como xa eles o tiveron feito.

Anuncios

2 Comentarios Agrega el tuyo

  1. Dani M dice:

    os comezos poucas veces foron doados 🙂

    Le gusta a 1 persona

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s