Superheroína.

image

Para ser una super muller, é preciso que deixes de chamarme nena e me chames super.

Eu atópome feliz. Sóa, pero feliz.
Sóa porque xa non me apetece rendir contas a ninguén. Para que quero iso? Son xoven. Talentosa se traballo duro, e fermosa se non me embadurnas a cara de potingues de farmacia.

Podería facerme sumisa, depender de alguén. 
Podería non traballar e quedar na casa, limpando día e noite. 
Podería deixar de estudar e olvidarme de ter un futuro no que eu sempre esté e nunca me deixe ir.
Podería. 
Pero non quero. Non nun mundo fero e cheo de perigos. Un mundo que coma as mareas sobe e baixa e pode afogarte ou darche unha man. Un mundo que ante a posibilidade de atacar a un ser desprotexido o fai, sen miramentos, sen escrúpulos.

Xa que teño a posibilidade de facerme feliz…por qué ía malgastala?
– Amores eternos?
– Promesas infinitas?
“Desengánate” dixome unha voz. E fíxeno dende o primeiro día dende que son muller.

Tiven amores, tiven compañeiros, amantes e amigos. Tiven aventuras francesas, italianas e mesmo londinenses. Pero nunca tiven máis ca unha dona. Unha dona que me coida e me protexe inda que moitos non queiran. Unha dona que se equivoca e tropeza cen veces, e unha máis, por se cen non chegaban. Unha dona valente. 
Eu.

Que se quero río, choro e berro. E se quero, podo coidar sete nenos e ter mil ollos e máns pra facelo. Porque houbo unha vez quen me contou, que fai falla só unha nai nesta vida, e que unha sóa vale por centas. Que esa nai te leva na barriga meses e meses, e que cando naces e estás na casa, se levanta de noite cando choras. Que che da de comer dela mesma e inda cando ela non pode facelo. Que che leva de paseo e xoga contigo antes ca facer as súas cousas… Se quero podo non ser nai, podo ser solteira. E que? Aínda así serei igual ca ela, ca elas e ca todas aquelas persoas do planeta.

Pero serei a miña superheroína, na miña historia chamada vida.

Publicado desde mi mente para la tuya. Ketsalli.

Anuncios

3 Comentarios Agrega el tuyo

  1. Dani M dice:

    Que cada un sexa e faga o que queira ser e facer.

    Le gusta a 1 persona

  2. anxodafonte dice:

    Reblogueó esto en Colleitas.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s