Namorar(te)

Veño pra namorarte,
querido.
Veño pra bicarte
e fareino polo amor ao arte.
Quero acariñarte,
querido.
Sentir as túas mans.
Que me leven ao olvido.
Ao olvido do pailán,
que falsamente me mandou cupido.
Escupido coma un presente,
pero tan válido,
coma un falso remitente.

Quero os teus feros latidos escoitar.
Ás túas costas subir,
e que me fagas voar.
Acariñar os cumios dos pinos,
e entre as túas ás perderme.
Lévame cara o río,
mergullemos o corpo.
Sintamos o frío,
e queimémolo,
sen présa.
Sen pausa,
pero causando balbordo.

image
Quen queira ver o amor que o vexa

Publicado desde mi mente para la tuya. Ketsalli.

Anuncios

7 Comentarios Agrega el tuyo

  1. Antinomia dice:

    Namorados quedamos os que lemos as túas verbas e compartimos chan, deidades e ata balbordo.
    Bicos morriñentos.

    Le gusta a 1 persona

    1. Ketsalli dice:

      Moitas grazas polo teu comentario, deixasme ilusionada. Da gusto compartir con xente así, moitos bicos para ti.

      Le gusta a 1 persona

  2. Dani M dice:

    “Ao olvido do pailán,
    que falsamente me mandou cupido”

    As veces temos que bater contra algunha parede entre a escuridade pra atopa lo camiño.

    Le gusta a 1 persona

    1. Ketsalli dice:

      Certo é. Ás veces vale a pena 🙂

      Le gusta a 1 persona

  3. Muy bonito, como envuelto por una música de agua y bruma en una frondosa ribera; eso me ha sugerido, aun sin conocer el significado de algunas palabras.
    Un saludo

    Le gusta a 1 persona

    1. Ketsalli dice:

      Muchas gracias por tu bonito comentario. Aquí estaré para resolver dudas sobre significados, sin problemas. Un saludo 🙂

      Le gusta a 1 persona

  4. anxodafonte dice:

    Reblogueó esto en Colleitas.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s